Ubicado no corazón de Santiago de Compostela, o noso teatro ércese como un espazo cultural accesible e inclusivo, deseñado para a exhibición de producións teatrais, proxectos emerxentes e presentacións de artistas consolidados.
Conta cunha capacidade de 50 espectadores e as instalacións están adaptadas de forma que son accesibles para todo o mundo. Ademais diso, contamos con interpretación en lingua de signos, audiodescrición de espazos escénicos e, proximamente, sistemas de tradución en múltiples idiomas, para asegurarnos de que ninguén quede sen gozar do espectáculo.
O noso obxectivo é fomentar a creatividade, a expresión artística e a participación cultural nunha contorna que celebra a diversidade e a inclusión, ademais de garantir unha experiencia enriquecedora para todos os públicos.
Desde os nosos inicios, contamos na Sala Materna coa presenza de Estudio K.
Estudio K é unha escola de interpretación, creación escénica e audiovisual que sitúa o actor no centro do proceso creativo. O estudo conta con máis de 8 anos de experiencia formando e adestrando a actores e actrices, tanto experimentados como novas xeracións, de todas as idades e procedencias.
Estamos a desenvolver un programa de asesoramento integral, deseñado especificamente para para actores e actrices. O noso obxectivo é ofrecerche o apoio necesario para facer fronte aos desafíos e problemas únicos que poidan xurdir na túa traxectoria artística.
Non estás só neste camiño! Permítenos acompañarte.