Proxecto Materna nace do compromiso social e persoal coa profesión do actor e da actriz. É un espazo de creación, formación e acompañamento para artistas emerxentes, independentes e profesionais consolidados, ofrecéndolles recursos e un entorno que facilite o seu desenvolvemento profesional.
Dende a súa orixe, este proxecto busca cubrir unha necesidade: proporcionar espazos con mimo e coidado, onde os artistas se sintan seguros e apoiados no seu proceso creativo. Móvenos a convicción de que a cultura é unha rede que une, transforma e xera impacto social.
Proxecto Materna componse de varios espazos complementarios:
Situada moi preto da estación Intermodal de Santiago de Compostela, a Sala Materna é un lugar para aprender, explorar e perfeccionar o oficio da actuación.
Úneste a nós?
Publicado en Google Sandra BreaTrustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Publicado en Google Agustin LeirósTrustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Publicado en Google Ángela AndradaTrustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Publicado en Google Miguel LópezTrustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Publicado en Google Ramón Ramón LopezTrustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google. Espacio super acojedor y muy bien pensado. Que ganas de volver 🤗Publicado en Google Gely MartinezTrustindex verifica que la fuente original de la reseña sea Google.
Un teatro accesible e inclusivo en Santiago de Compostela.
Pensado para a exhibición de obras, proxectos emerxentes, artistas consolidados e diferentes eventos culturais.
O teatro conta cunha capacidade de 50 persoas e está equipado con tecnoloxía de accesibilidade como interpretación en lingua de signos, audiodescrición de espazos escénicos e proximamente sistemas de tradución en varios idiomas.
Dispoñible parking gratuito a 170m
Situada en plena Serra do Courel, un xeoparque mundial da UNESCO, Casa Materna é un refuxio na natureza construído en 1890 e deseñado para a desconexión, o descanso e a creación nunha contorna inspiradora.
Contando con 210 m², a casa está pensada como un espazo de residencias artísticas, procesos creativos e eventos culturais entre outros
En Proxecto Materna cremos na arte como motor de cambio e na necesidade de espazos adaptados á realidade dos creadores. O noso compromiso é seguir construíndo un lugar onde os artistas atopen apoio, visibilidade e oportunidades para crecer.
Detrás de Proxecto Materna está Isabel Portas, actriz e pallasa galega cunha sólida formación en interpretación.
Diplomada en Ciencias Empresariais pola UDC e Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP) tamén pola UDC, actualmente está a cursar o grao en Psicoloxía.
Isabel combinou a súa formación académica coa súa paixón polas artes escénicas, estudando con referentes do teatro en Galicia, Madrid e Xirona.
Desenvolveu a súa formación en diversas disciplinas:
Ozo Perozo, Ángela Andrada y Lidia Fraga (Galicia)
Actualmente en formación como directora de casting na escola Mads Madrid.
Actualmente en formación en dirección de arte.
Dende pequena, a súa inquedanza artística estivo presente a través da música, o cine, a danza e o debuxo.
O seu amor polo ensino e a interpretación levouna a desenvolver unha carreira versátil, integrando distintas disciplinas e explorando novas formas de expresión.
Actualmente, segue ampliando a súa formación e desenvolvendo espazos onde os artistas poidan atopar apoio e visibilidade.