HARTA

Un monólogo migratorio de Mariana Rodrigo
Imagen del poster de HARTA, un monólogo de Mariana Rodrigo que se proyecto el 24 de octubre en el teatro do camiño en Santiago de compostela

Non sempre a migración é unha elección, pero sempre é un dereito

HARTA é un unipersoal multidisciplinar. Un monólogo migratorio baseado en historias reais.

Alternando con intervencións de audio e vídeo, e con recursos de drama e comedia, a actriz percorre en escena a migración da súa avoa ―desde Galicia cara a Bos Aires en plena Guerra Civil española― pensando un paralelo coa súa propia, na actualidade e en sentido inverso.

Por que viaxamos? Que nos motiva a seguir a nosa vida noutro país? Como nos reciben? Que temos en común?

HARTA pretende ser, tamén, un recordatorio: non sempre a migración é unha elección, pero sempre é un dereito.

 

Autoría, dirección e interpretación: Mariana Rodrigo

Música orixinal: Sofía Canedo

Edición de imaxe e asistencia técnica: Belén Terlizzi

Deseño gráfico: @ranchapartinc

Máis información

Localización

24 de outubro
20:00h

Idioma

Español

Duración

40 minutos

A venda de entradas en liña está dispoñible ata unha hora antes do inicio da función.

Para compras posteriores, consultar dispoñibilidade na taquilla

Compartir:

Accesible a personas con mobilidade reducida.

Otros eventos

17 de outubro > 20:00

Soño, logo existo

Unha comedia onírica de Zakarías O’Facas e Nekane Fernandez

3 de outubro > 20:00

Soño, logo existo

Unha comedia onírica de Zakarías O’Facas e Nekane Fernandez