Non sempre a migración é unha elección, pero sempre é un dereito
HARTA é un unipersoal multidisciplinar. Un monólogo migratorio baseado en historias reais.
Alternando con intervencións de audio e vídeo, e con recursos de drama e comedia, a actriz percorre en escena a migración da súa avoa ―desde Galicia cara a Bos Aires en plena Guerra Civil española― pensando un paralelo coa súa propia, na actualidade e en sentido inverso.
Por que viaxamos? Que nos motiva a seguir a nosa vida noutro país? Como nos reciben? Que temos en común?
HARTA pretende ser, tamén, un recordatorio: non sempre a migración é unha elección, pero sempre é un dereito.
Autoría, dirección e interpretación: Mariana Rodrigo
Música orixinal: Sofía Canedo
Edición de imaxe e asistencia técnica: Belén Terlizzi