Unha comedia onírica de Zakarías O'Facas e Nekane Fernandez
¿Que soñamos? ¿Por que temos soños? ¿A que mares nos levan?
¿Saen os teus soños do ceo? ¿Ou saen do inferno? ¿Saen dun ovo, ou saen da neurose? ¿Podemos recordalos? ¿Podemos interpretalos? ¿Soñas cando ris ou soñas cando choras? ¿Soñas cando dormes ou soñas cando pasmas? ¿Soñas con poemas? ¿Soñas con cancións? ¿Soñas que voas? ¿Soñas que vives? ¿Soñas que morres? ¿Soñas que matas? ¿Soñas que amas? ¿Soñas que naces? Nais e pais e fillos e fillas Vinde onda o lume Sabede a verdade Que sodes inocentes cando soñades
Dirección: Roberto Leal e Nekane Fernández Elenco: Zakarías O’Facas e Nekane Fernández Texto: Nekane Fernández e Zakarías O’Facas Iluminación: Zoe Vixión Fotografías e cartaz: Zoe Vixión Son: Merran Laginestra Construcción de atrezzo: Títeres Alakran